A Tropa Verde chega a Santa Comba

O Concello de Santa Comba únese a plataforma multimedia de fomento da reciclaxe, Tropa Verde

2b0c0d5ef1ac6ddc7db1f11bab876d488b99f971
O concello de Santa Comba puxo en marcha o programa de promoción da reciclaxe e da responsabilidade medio ambiental denominado “Tropa Verde”, que foi presentado este xoves na dependencias municipais pola alcaldesa  xalleira, María Pouse, o edil Francisco Ameijeiras, a técnico de medio ambiente Inmaculada Barcia e as representantes da empresa  Teimas, Marta Morán e Cristina Vázquez.

Tropa Verde é unha iniciativa, a través da cal os cidadáns recibirán premios por depositar os seus residuos no Punto Limpo, en varios locais que actúan como colectores de pilas, ou na sede de Cáritas (recollida de roupa, calzado e complementos). Deberán rexistrarse en  https:// santacomba. tropaverde. org e con cada entrega, recibirán puntos que posteriormente poderán trocar por agasallos ou descontos nos vinte comercios que participan no programa.

Os establecementos que participan

Estes son os establecementos que participan en Tropa Verde: Foto  Teca,  Pisotones,  Pekenos, Deportes Alvite,  Tanara, Óptica Xallas,  Agroveterinaria Xallas, Informática  PC Plus, Droguería Rieiro, Talleres Constantino Amigo, Restaurante Tío Paco, Óptica Pose,  Namaste,  Enxebre,  Quercus,  Ortopedia Pose,  Opticalia Santa Comba,  Mobles Lois  renting, Selección  SC(Distribucións San Cristóbal),  PSI.Terapia e Formación. A relación podería aumentar con novos comercios.

Tropa Verde está a funcionar nos concellos de Santiago, Ames, Lugo, Redondela, O Porriño, Vilagarcía de Arousa e Marín.  

O fin de semana o programa será difundido, cunha caseta propia, na  Feira dá Primavera de Santa Comba. O sábado e o domingo pola tarde, haberá unha repartición de agasallos e sorteos.

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando