Festa dos 6.000 usuarios da Tropa

Quen?

Poderán participar todos os membros da Tropaverde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropaverde pode darse de alta de maneira moi sinxela en www.tropaverde.org.


Como?

Para participar no presente concurso os participantes deben seguir as seguintes instrucións:

  1. Ser membro da Tropaverde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropaverde pode darse de alta en tropaverde.org só precisa un correo electrónico e un contrasinal.

  2. Resolver o crucigrama proposto

  3. Enviar as respostas nunha mensaxe privada ou á dirección de correo electrónico info@tropaverde.org enumeradas do 1 ao 5

Cando?

O período de participación e do luns 26 de agosto ó domingo 8 de setembro do 2019. O sorteo realizarase o luns 9 de setembro.

Resolve o crucigrama da Tropaverde

Para conmemorar os 6.000 usuarios da Tropaverde lanzamos un sorteo cun crucigrama moi divertido para ver canto sabes da Tropaverde. Se queres participar só tes que resolver o crucigrama e enviar as respostas nunha mensaxe privada ou á dirección de correo electrónico: info@tropaverde.org, nese intre entrarás no sorteo de 5 cheques regalo do GADIS de 10 euros

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando